Festival Arte`n` Rúa en Ames

Un espectáculo divertido, dinámico, para toda a familia, que mestura arte urbana e música!!! Chega ao Pazo da Peregrina en Bertamiráns, en Ames, o primeiro festival Arte`n` Rúa. Será o sábado 17 de xuño e haberá obradoiros de graffiti, beatbox… a partir das 12 horas e, pola tarde, a partir das 17 horas, estará o Mago Xacobe e os concertos de A Gramola Gominola e Os Tres Tenedores.

  • de 12 a 14 horas
    • obradoiros de graffiti (para nenos e nenas a partir de 8 anos)
    • obradoiros de beatbox (para nenos e nenas a partir de 5 anos)
    • obradoiros de danza urbana (para nenos e nenas a partir de 3 anos
    • ***para participar é necesario facer a inscrición do 1 ao 14 de xuño de 9 a 14h, chamando ao teléfono 981 535 940
    • son obradoiros gratuítos, pero o número de prazas é limitado
  • a partir das 17 horas
    • Espectáculo multidisciplinar que contará con garffiti, danza urbana, beatbox, ragga, Djs e coa participación do Mago Xacobe
    • A Gramola Gominola
    • Os Tres Tenedores

 

  • 17 de xuño | a partir das 12 horas
  • Pazo da Peregrina en Bertamiráns (Ames) Como chegar
  • Entrada gratuita

 

Escribe un comentario