Festiletras 2013

Festiletras 2013 en Ponteceso

festiletras 2013A aldea do Couto en Ponteceso celebra estes días unha nova edición das Festiletras, un festival organizado pola Asociación Monte Branco de O Couto. As actividades xa comezaron co pregón As Ciencias e As Letras e continúan estes días con conferencias e actuacións de música e teatro.

15 de maio

Xornada de portas aberta na Aula de Danza Municipal coa actuación dos gaiteiros do Centro Coreográfico Galego

No Areal de Valadares actuarán os alumnos do CRA Nosa Señora do Faro, CRA Os Remuíños, E.I. Eduardo Pondal, E.I. As Revoltas, E.I. Cabo da Area, e tamén haberá xogos tradicionais e cooperativos.

Na Biblioteca Municipal actuará o grupo Caramuxo Teatro con Teatro para bebés

16 de maio

Na Casa de Eduardo Pondal terá lugar o Encontro Mil Primaveras con ofrenda floral, un recital poético musical dos alumnos do EPO de Ponteceso e Cabana de Bergantiños e a actuación do Centro Coregráfico Galego

Pola tarde a conferencia Non des a esquecemento, para recordar aos traballadores das minas de Isidro Parga Pondal e o monólogo de Rober Bodegas na Casa dos Veciños a partir de las 23 horas.

17 de maio

Taller de Ilustración con Xaquín Marín na Fundación Eduardo Pondal. A continuación faráse a entrega dos premios do I Certame Letras Creativas Eduardo Pondal.

17 horas | Función infantil de teatro e poesía de Manuel María

19 horas | Na Casa dos Veciños actuará Peter Punk 

23 horas | Presentación do audiovisual Andando a terra, a cargo de Miguel A. Mato Fonfo e actuación de  Uxía, que cantará a Manuel María

18 de maio

Durante a mañá ruta por lugares pondalianos e ao mediodía celebrarase un encontro e unha comida coas Fundacións do Rexurdimento

18 horas | na Fundación Eduardo Pondal faráse unha homenaxe a Rosalía de Castro 

23 horas | na Casa dos Veciños actuación dos cantautores Guadi GalegoXabier DíazXosé Lois Romero e Guillermo Fernández, co espectáculo Cada Canto, en homenaxe a Rosalía

19 de maio

Durante a mañá XXXI Feira de Artesanía e I Certame de Debuxo Creativo Álvarez Sotomayor. Haberá pasarrúas coa Banda de Gaitas Inllar e o grupo Lúa Chea de San Xoán.

Pola tarde celebraránse xogos tradicionais coa colaboración do MELGA e actuará o Grupo de Baile Inllar. Finalizarán a jornada as Cantareiras de Ardebullo co espectáculo de humor En directo desde Ardebullo

O COUTO en Ponteceso (A Coruña) Como chegar

Escribe un comentario

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.