Festa da Dorna 2013

Festa da Dorna 2013 en Ribeira

festa da dorna 2013Esta fin de semana comeza unha das festas máis populares en Ribeira: a Festa da DornaUn ano máis poderedes disfrutar da imaxinación e do enxeño dos participantes na Rejata de embarcasións feitas á machada, ademais dunha romería con xogos, música, baile…

O venres 19 de xullo comezan as actividades a partir das 12 horas co Facho Dorneiro e pola tarde ás 17 horas será o Enjalanamento de Fanequeiras. E xa pola noite, a partir das 23 horas celebrarase o Juateque Dorneiro. O sábado día 20 de xullo ás 16 horas comenzarán os Xogos de Terra en Coroso con multitude de xogos populares: o pano, saltar a corda, a raia, a peletra, lanzamento de tiratacos, o parvo das sillas, carreiras de sacos, carreiras de carretillas… Pola noite terá lugar a Canción de Tasca.

Durante a xornada do domingo haberá unha exposición de carrilanas ás 17 horas e a continuación comezará o descenso Gran Prix Carrilanas. A festa continuará co Carnaval Dorneiro.

O luns día 22 será a quenda do Rock&Dorna do País e do maratasón dorneiro. O martes comenzarán os Xogos de Mar ás 16 horas e o mércores ás 12 horas poderedes disfrutar da expovarada de embarcaciones. Ás 13 horas arrancará a regata de embarcacións feitas a machada e con propulsión a pan de millo. Cada peña elabora os seus barcos e realízase unha carreira na que se premia á máis rápida e espectacular. Ás 15 horas dará comezo a Romería Dorneira.

O broche de ouro da Festa da Dorna será o sábado día 27 de xullo co Baile de Gala da Dorna a partir das 23 horas.

Do 19 ao 27 de xullo

Ribeira Como chegar

 

Escribe un comentario

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.