Feira Medieval de Betanzos 2013

XVI Feira Franca Medieval de Betanzos

feira medieval betanzos 2013Betanzos volve a revivir un ano máis a súa historia medieval con tres días de feira e actividades. O 12, 13 e 14 de xullo poderedes disfrutar da música, do teatro, dos contacontos… e tamén dos postos de artesanía nunha nova edición da Feira Franca Medieval.

12 de xullo

18 horas | Inicio do mercado con artesáns chegados de distintos lugares de España

18 horas |  Pasarrúas de música, cómicos, malabares, magos e contacontos

18 horas | Apertura do RECUNCHO INFANTIL no Cantón de Claudino. Con obradoiros, xogos populares, tío vivo, caravana de burriños… ata as 22 horas

20.30 horas | Aldrabada e repenique de campás

21 horas | O señor de Andrade honra a todos os seus vasalos coa chegada a esta Real Cidade e solicitarlle ao ilustrísimo señor rexedor a apertura da Feira Franca. Ante este anuncio as mozas mouras liberadas polas hostes do señor de Andrade, ofrecerán unha danza

13 de xullo

10.30 horas | Repenique de campás e apertura das paradas

11 horas | Apertura do RECUNCHO INFANTIL no Cantón de Claudino Pita

11.30 horas | Comezarán a percorrer a Feira os pasarrúas de músicos, cómicos, malabares e contacontos. O grupo de Teatro La Recua co espectáculo Los Destemplarios en busca de… qué?

13.30 horas | Representación da loita entre os veciños de Betanzos e os mouros ao mando de Yussuf Hammar

17 horas | Apertura das paradas

17.30 horas | Comezarán a percorrer a Feira os pasarrúas de músicos, cómicos, malabares e contacontos. O grupo de Teatro La Recua co espectáculo Las Siamesas e La Extraña Familia

18 horas | Apertura do RECUNCHO INFANTIL no Cantón de Claudino Pita

19 horas | Actuación do grupo Azougue da Escola Municipal de Folclore de Betanzos e danza campesiña polas mozas colaboradoras da organización.

00.00 horas | Na Praza da Constitución, espectáculo de pirotecnia, zancudos e lume co Grupo de Teatro La Recua e actuacións musicais

14 de xullo

10.30 horas | Repenique de campás e apertura das paradas

11 horas | Apertura do RECUNCHO INFANTIL no Cantón Claudino Pita

11.30 horas | Comezarán a percorrer a Feira os pasarrúas de músicos, cómicos, malabares e contacontos. O grupo de Teatro La Recua co espectáculo La visita de la marquesa

12 horas | Na Praza da Constitución xogos populares e tradicionais para nenos e nenas cos membros da Cruz Vermella de Betanzos

13.30 horas | Escena da expulsión dos leprosos que desenvolverá a xente colaboradora da organización e que rememora un feito histórico da cidade

17 horas | Apertura das paradas

17.30 horas | Comezarán a percorrer a Feira os pasarrúas de músicos, cómicos, malabares e contacontos. O grupo de Teatro La Recua co espectáculo Los Espíritus de la Tierra e La Extraña Familia

18 horas | Apertura do RECUNCHO INFANTIL no Cantón de Claudino Pita

19.30 horas | Torneo Medieval a cabalo na Praza dos Irmáns García Naveira con exhibición dos cabaleiros e de cetraría. Espectáculo de danza polas mozas colaboradoras da organización

22.30 horas | Na Praza da Constitución espectáculo de teatro La Santa Compaña co Grupo de Teatro La Recua

00.00 horas | Fogos artificiais no peche da XVI Feira Franca Medieval de Betanzos 

Podedes consultar na web o PROGRAMA completo.

Betanzos Como chegar

 

 

Escribe un comentario