Feira Histórica en Arteixo

Actividades infantís na Feira Histórica de Arteixo

Arteixo vestirase de época para disfrutar un ano máis da súa Feira Histórica. Os días 26, 27 e 28 de outubro terá lugar a XIII edición desta Feira que este ano conmemora un dos medios de entretemento de maior transcendencia na historia da humanidade: o cine.

feirahistorica2012cartel

Os visitantes da Feira, ademais de poder mercar nos distintos postos de artesáns que se estenden dende o Paseo fluvial ata a Praza do Balneario, poderán participar en diferentes obradoiros e actividades dirixidos tanto aos pais coma aos nenos: xogos populares, creación de cámaras filmográficas con cartón reciclado, construción de caleidoscopios, vestimenta de película, maquillaxe de cine fantástico, construción de personaxes, de cadernos de debuxos animados, cinema mudo, contos de película,…

Os máis cativos disfrutarán dunha función de títeres Os detectives do cine clásico: atrapados nos 50 e da Gala de Circo con música en directo que ofrecerá un espectáculo do novo circo galego.

Sábado 27 outubro

Obradoiros | 12 h

De película de Ni Fu Ni Fa Animación (para todas as idades) | Anfiteatro
Creación de cámaras filmográficas con cartón reciclado Praza do Balneario
Construción de caleidoscopios Praza do Balneario

Vestidos de película | 16 h | Praza da Igrexa

Maquillaxe no cine fantástico | 17 h | Praza do Balneario

Gala de circo Ruactiva, Culturactiva | 17 h | Anfiteatro

Constrúe a túa personaxe | 18 h | Praza do Balneario

Títeres Os detectives do cine clásico: atrapados nos 50 | 19 h | Praza do Balneario

Domingo 28 outubro

Percorrido en tren polas rúas de Arteixo | 12 h | Praza do Balneario

Xincana infantil: Un percorrido polo cinema | 12.30 h | Paseo Fluvial

Cadernos de debuxos animados  | 17 h | Paseo Fluvial

Cinema mudo | 18.30 h | Paseo Fluvial

Contos de película de Ana Hermida | 18.30 h | Praza do Balneario

Para máis información podedes visitar a web do concello ou consultar o programa.

Escribe un comentario