Feira do Libro na Coruña 2013

Feira do Libro na Coruña 2013

feiras do libro de galiciaDende o 1 ao 11 de agosto poderedes ler, cantar e disfrutar na Feira do Libro da Coruña. Os Xardíns de Méndez Núñez volveran ser o emprazamento da cita, en horario de 11 a 14 horas e de 18 a 22 horas. Podedes consultar o programa completo na web Feirasdolibro. Nós aquí resaltamos as actividades dirixidas aos nenos:

1 de agosto

12.30 horas | Inauguración da 42 Feira do Libro . Actuación da Banda Municipal de Música da Coruña e pregón da escritora coruñesa Yolanda Castaño

2 de agosto

12 horas | Escola de maxia. Obradoiro de maxia realizado por Cucarandainas

3 de agosto

12 horas | Presentación do libro Nicomedes o pelado dos autores Pinto & Chinto, publicado por Kalandraka

13 horas | Contacontos: O Cullarapo Croque, de Miguel Ángel Alonso Diz, actividade organizada por Nova Galicia Edicións

4 de agosto

12.30 horas | A Vinchuca Cuca. Divertido contacontos realizado por voluntarias da ONG Médicos Sen Fronteiras, baseado nun relato do libro Qué me pasa, Ntumba sobre enfermedades raras.

5 de agosto

12.30 horas | Actividade da Editorial Edi’mater. Contacontos – obradoiro Vamos a viajar 1 y 2. Encontro coa editora e ilustradora Marina Seoane, e coa escritora e ilustradora Sally Curring arredor dos seus libros Leonardo, el avión valiente e Floro, el globo aerostático.

20 horas | Lemos, cantamos, gozamos: Cantaruxa coa Bruxa Maruxa, coa cantante Uxía

6 de agosto

12.30 horas | Espectáculo de contos Será como un bosco realizado por Avoa Youja

18 horas | Presentación do libro infantil Fadita Fosca, de Miguel Vázquez Freire con ilustracións de Xosé Tomás, publicado por Baía Edicións

20 horas | Lemos, cantamos, gozamos: Rosalía pequeniña, con Uxía

7 de agosto

12.30 horas | Espectáculo de monicreques Os libros do titiriteiro, realizado por A Xanela do Maxín

20 horas | Lemos, cantamos, gozamos: Toc – Toc con Pablo Díaz

8 de agosto

12.30 horas | Presentación do espectáculo de títeres Lume, unha adaptación de Teatro Babaluva

20 horas | Lemos, cantamos, gozamos: Animales encantadores con Susa Herrera

9 de agosto

12.30 horas | Actividade bilingüe de relatos e manualidades a cargo de Sara Canal e Pablo Otero, arredor do seu libro Cuatro ojos – Four eyes, publicado pola editorial Eurisaces. Os autores asinarán exemplares do seu libro na caseta da librería El Faro de los Tres Mundos.

20 horas | Lemos, cantamos, gozamos: Ola,Ola,la! con Mamá Cabra

10 de agosto

12.30 horas | Teatro Babalúa presenta o seu espectáculo de títeres Babacontos

20 horas | Lemos, cantamos, gozamos: Bicos de música con Mamá Cabra

11 de agosto

12.30 horas | Espectáculo de maxia e contos Revolto de maxia e contos con Fátima

13 horas | Encontros da literatura fantástica entre Contos Estraños e Urco Editora

 

Xardíns Méndez Núñez na Coruña Como chegar

 

 

Escribe un comentario

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.