Feira do Libro de Ferrol 2016

Do 20 ao 24 de abril celébrase nos Cantóns en Ferrol a Feira do Libro. Poderedes visitar as casetas en horario de 11 a 14 horas e de 17.30 a 21.30 horas. Estas son as actividades pensadas para os nenos:

20 de abril | 19.30 horas | Inauguración oficial. Actuación do Real Coro Toxos e Flores e pregón inaugural co escritor Antón Cortizas

21 de abril | 19 horas | O bigote de Mimí de Luis Vallecillo e a Banda do Cuberto, baseado no libro homónimo do escritor Manuel María

22 de abril

  • 17.30 horas | Obradoiro infantil de cociña creativa con Planeta Shalom
  • 19 horas | O Carnaval dos animais. Concerto didáctico do profesorado e alumnado do Conservatorio de Música Xan Viaño de Ferrol | Teatro Jofre  **para todos os públicos    **gratuito, previa retirada de entrada

23 de abril

  • 11.30 e 12.30 horas | Lendo a natureza. Roteiro guiado polo Cantón coa SGHN
  • 12 horas | Laura Merlán e Lucía Cobo asinarán exemplares na caseta da Libraría Day
  • 12 horas | Contacontos con Tino García traducido á linguaxe de signos
  • 12.30 horas | Obradoiro básico de linguaxe de signos
  • 13 horas | Contacontos con Miguel Ánxel Alonso Diz
  • 17.30 horas | Actuación do coro do Programa Educativo Municipal Canta con nós
  • 18 horas | Andando a terra… con Manuel María. Espectáculo de maxia co mago David

24 de abril

  • 12 horas | O xadrez nas escolas sae á rúa. Exhibición de partidas simultáneas

 

***Aquí soamente destaco as actividades para os máis pequenos, podedes seguir todo o programa e a actualidade das feiras a través de Facebook: Feiras do Libro de Galicia.

 

Escribe un comentario

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.