Estreno: Rubicundo de Teatro dos Ghazafelhos

Tódalas noites, Rubicundo sae na súa bicicleta enriba da árbore do seu xardín rumbo á noite pecha. Semella que ninguén repara nesta personaxe, enfundada nun gabán e sombreiro de copa. Ninguén agás Erea. Disposta a chegar ate o fin daquel misterio… Pois así era esta rapaza… curiosa e soñadora…

Rubicundo cóntanos unha fermosa historia sobre a amizade, a constancia e a poesía, abríndonos a posibilidade de perseguir os nosos soños sen sentir límites nin distancias…

 

rubicundoportada

 
 

  Un espectáculo teatral sobre a amizade, a constancia e a poesía

Teatro dos Ghazafelhos presentan Rubicundo. Coa fermosa historia de María Canosa de fondo, Ghazafelhos propón unha posta en escena chea de sorpresas pasando pola música, os monicreques, acrobacia, claqué… Unha mestura de xéneros para sorprender a un público familiar e facer difícil de esquecer esta máxica historia.

  • Dirixida a: nenos maiores de 5 anos
  • Duración: 50 minutos
  • ESTREA:
    • 23 de outubro | 18 horas | Auditorio Municipal de Narón
    • *Entradas: 7,5€ – 5,25€ Abonados, Carné Xove ou de estudante (ata 25 anos) e desempregados

 
 

Escribe un comentario

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.