Espectáculos infantiles en Santiago

Durante este mes de mayo continúan los espectáculos de teatro e música en Santiago.

Moito Conto de Redrum Teatro

Pepiño e Manola están a piques de vivir un gran desafío. Enganados pola súa madrastra acabarán perdidos no bosque e vivirán unha aventura que os cambiará para sempre: os nenos terán nas súas mans o destino dos contos e dos soños e terán que salvalo convertendo o que consideraban defectos en virtudes. “Moito Conto” é unha comedia musical 100% ecolóxica dirixida a un público familiar a partir dos 6 anos que, seguindo a estrutura do coñecido conto “Hansel e Gretel”, trata de educar e concienciar en valores de coidado do medio ambiente e de hábitos de vida saudables.

  • Dirigido a: niños a partir de 5 años
  • 3 de mayo | 18.30 horas
  • Entrada: 6€ / entrada familiar: 4×3 (18€)
  • Teatro Principal

 

Cocer e cantar de Seisdedos Títeres

Títeres con música e cabaré infantil onde dous músicos metidos a cociñeiros deciden facer unha sopa de cocido solidaria para repartir entre o público… Un “pequeno” erro na interpretación da receita provoca que o resultado sexa unha riquísima sopa de música, cantigas e contos, na que os nenos atoparán triscos como o gato do romance, unha ratiña moi presumida, os habitantes dun galiñeiro moi particular…

  • Dirigido a: niños a partir de 3 años
  • 14 de mayo | 17.30 y 19 horas
  • 15 de mayo | 17.30 y 19 horas
  • Entrada: 5€ / entrada familiar: 4×3 (15€)
  • Zona C San Domingos de Bonaval

 

Aladdin de Gorakada Teatro
Aladino coñece unha misteriosa personaxe que lle ofrece farcese rico se o axuda a conseguir unha vella lámpada de aceite que se atopa nunha cova encantada… O espírito da obra e a capacidade de evocación fan de Aladdin un espectáculo delicado, poético e de amizade… A princesa Alma, o xenio da lámpada, o feiticeiro e Aladino están dispostos para empezar a aventura…
  • Dirigido a: niños a partir de 5 años
  • 16 de mayo | 18.30 horas
  • Entrada: 10-12€
  • Teatro Principal
TilinTilonia de O baúl da tía Tola
A compañía viguesa O baúl da tía Tola presenta un espectáculo para bebés no que buscan o estímulo dos sentidos, unha viaxe a través das sensacións e das emocións… Tilintilonia é un pequeno planeta habitado por Tilín e Tilón, cada unha co seu son… Tilín e Tilón descubrirán un mundo cheo de texturas, cores, sons e fantásticos seres que xorden coa música, un mundo onde o aire e a auga se converten en elementos do xogo…
  • Dirigido a: niños de 6 meses a 3 años
  • 17 de mayo | 12.30 – 17 y 18.30 horas
  • Entrada: 5€ / entrada familiar: 4×3 (15€)
  • Zona C San Domingos de Bonaval

 

Heian de Zen del Sur
A compañía Zen del Sur é o resultado dun traballo conxunto de bailaríns, acróbatas, músicos contemporáneos e deseñadores co obxectivo común de buscar un diálogo creativo entre son e movemento, perseguindo a emoción…
  • Dirigido a: todos los públicos
  • 31 de mayo | 19 horas
  • Entrada: 10€ / entrada familiar: 4×3 (30€)
  • Auditorio ABANCA

Escribe un comentario