Entroido en Santiago 2017

En Compostela o Meco, os desfiles, a música, os obradoiros e unha festa infantil encherán de actividades e de cor estes días do Entroido. Aquí podedes ver o programa completo para os vindeiros días:

25 de febreiro

  • 20 horas | Desfile do Meco. Saída dende a Praza de Cervantes en dirección a Praza do Toural, recorrendo Rúa Nova e Rúa do Vilar. Desfile das Comparsas Os Conformistas de Conxo e A Ruliña de Laraño
  • 20.30 horas | Pregón e espectáculo musical
26 de febreiro
  • 10.30 horas | Comparsa Os Conformistas de Conxo e Charanga Os Atrevidos. Saída dende o Centro de Maiores de Conxo recorrendo: Sanatorio de Conxo  –  Sanchez Freire – Garcia Prieto – Cornes – Praza Roxa –  República do Salvador – Xeneral Pardiñas – Alameda – Praza do Toural – Rúa Nova – Rúa do Vilar – Praza de Praterías – Rúa da Raíña e Rúa do Franco
  • 17 horas | Sala Capitol | FESTA INFANTIL DE DISFRACES | Animación, baile discoteca, premios, concurso de disfraces, sorteo de regalos entre todos los asistentes, premios… *Ata 14 anos e inscricións dende as 16.30ás 16.45h

27 de febreiro

  • De 12 a 14h e de 18 a 20 horas |  Praza do Toural  e Pazo de Bendaña | Obradoiros de Entroido (gratuitos). As prazas iránse completando por orde de chegada
28 de febreiro
  • A partir das 12 horas | Animación de Rúa polas rúas da cidade
  • 16.30 horas | Tradicional desfile de ENTROIDO. Concentraranse as comparsas e carrozas na estación do Ferrocarril e o desfile comeza ás 17.30h e percorrerán: Romero Donallo, Santiago de Chile, Frei Rosendo Salvado, Praza Roxa, República do Salvador, Rúa do Hórreo, Rúa da  Senra, Avenida de Xoan Carlos I
1 de marzo
  • 20 horas | Acompañamento do Meco. Comparsa A Ruliña de Laraño (vestídevos de negro en sinal de loito polo Meco). Saída ás 20h desde a Praza do Toural recorrendo: Rúa Nova, Rúa do Vilar, Rúa da Senra, Rúa  Doutor Teixeiro, República do Salvador, para rematar na Praza Roxa coa QUEIMA DO MECO ás 21h, coa música da Banda Municipal de Santiago

Xenerais da Ulla

Ademais do Entroido na cidade de Compostela, na comarca podedes gozar da festa co Xenerais da Ulla.  Malia ter unha orixe incerta, semella responder a unha sátira dos conflitos bélicos desenvolvidos no país a finais do século XIX.

A influencia da invasión francesa, a revolución do 1846, ou as guerras carlistas déixase entrever nos atavíos e roles deste vistoso espectáculo que se estende ao longo da comarca natural do Ulla por algunhas parroquias dos concellos de Boqueixón, A Estrada, Santiago, Silleda, Teo, Touro, Vedra e Vila de Cruces.

Onde ver os atranques e as Comparsas
  • 25 FEBREIRO
    • 17.30h: A Bandeira (Silleda)
    • 18.30h: Aríns (Santiago de Compostela)
    • 17h: Vedra (Vedra)
    • 19h: Cora (A Estrada)
    • 19.30h: Santa María de Teo (Teo)
    • Ata 20h: Cacheiras (Teo)
  • 26 FEBREIRO
    • 12.30 h. Espectáculo de Títeres: As Xeneralas da Ulla | Praza do Toural (Santiago de Compostela)
    • 19h: O Eixo (Santiago de Compostela)
    • 19h: Sergude (Boqueixón)
    • 20h: Cacheiras (Teo)
  • 28 FEBREIRO
    • 16h: Fao (Touro)
    • 19.30h: Entroido A Estrada
  • 4 MARZO
    • 19h: San Xián de Sales (Vedra)
  • 5 MARZ0
    • 12h: Fonte Díaz (Touro). Feira do Entroido
    • 16h: Salgueiros (Vila de Cruces)
    • 17h: Lestedo (Boqueixón) XXXIV Festa da Filloa
    • 19h: Trobe (Vedra)
    • 19h: Vilariño (Teo)
©Turismo de Galicia

Escribe un comentario

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.