Día do Libro na Coruña

Día do Libro 2013 na Coruña

dia do libro coruñaO día 23 de abril é o Día do Libro e na cidade da Coruña organizan actividades para celebrarlo. Ese mesmo día a partir das 19 horas haberá unha quedada no Obelisco onde cada persoa traerá un libro, conto, revista, folleto… para ler en voz alta durante 2 minutos. Teredes que permanecer atent@s ao sinal de inicio para ler todos xuntos.

Tamén no Obelisco haberá un photocall  do libro, da lectura e das bibliotecas. Os participantes poderánse fotografar tamén a partir das 19 horas.

Ademais está previsto realizar alí un bookcrossing ou liberación de libros para para que os recolla calquera lector interesado. E tod@s os que vos acheguedes ao Obelisco poderedes participar nunha singular solta de globos. Estes estarán rotulados con frases alusivas ao libro e á lectura.

Neste día do libro os usuarios das estacións de tren e de autobuses serán agasallados con libros. O lema desta campaña que se desenvolve dende hai varios anos é: “Se colles o bus aproveita e le” e “Se colles o tren aproveita e le“.

Saídas das estacións de tren e de autobuses o 23 de abril entre as 12 e as 18 horas

OBELISCO na Coruña Como chegar

 

Escribe un comentario

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.