Deporte na rúa nas Pontes

Deporte na rúa nas Pontes

deporte na rua as pontesO deporte encherá a zona da Canle IV das Pontes o día 1 de xuño: o Día do Deporte na Rúa. Para disfrutar deste día, todos os clubes deportivos das Pontes amosarán as súas disciplinas, ensinando todo o que fan, informando, e permitindo practicar os seus deportes. Será unha ampla zona onde tanto pequenos como maiores terán que ir localizando as actividades de cada área deportiva. Poderedes probalos e ademais cada clube fará unha exhibición. Entre todos os participantes haberá un sorteo de agasallos.

11 horas | Vela, montaxe dun barco

11.30 horas | Tiro con arco

12 horas | Karate

12.30 horas | Taekwondo

13 horas | Club Montaña – Rocódromo

13.30 horas | MTB – Ciclismo

16.30 horas | Rugby

17 horas | Pádel

17.30 horas | Ximnasia rítmica

18 horas | Piragüismo

18.30 horas | Xadrez

19 horas | Tenis

19.30 horas | Atletismo

Ademais o clube de Baloncesto As Pontes, o Esteo Fútbol Sala, o As Pontes Fútbol Campo, o clube Galiorient, o clube Pádel Eume e o Pádel As Pontes estarán todo o día pero non fan exhibición.

CANLE IV As Pontes Como chegar

 

Concello As Pontes

 

 

Escribe un comentario