Contos para bebés na Coruña

Bicos con leite para nenos de 6 meses a 3 anos na Coruña

biblioteca infantil xuvenil coruñaA narradora Charo Pita contará aos nenos contos e cancións, libros de imaxes, rimas e música. Será o vindeiro xoves 23 de maio na Biblioteca Infantil e Xuvenil. Charo Pita leva narrando historias dende hai 18 anos, ademais de ter tempo para escribir as súas propias historias: Igor, Velliñas, O arco da vella, Maxia!…

Necesitánse bicos de leite e orellas de caracola para contar e cantar historias pequenas, de cando bebíamos na teta ou usábamos o penico ou gustábamos de todos os animais porque eran para nós un mundo descoñecido. Velaquí un feixiño de contos para escoitar por orellas pequenas á calor dun colo.

Dirixido a: nenos de 6 meses a 3 anos

23 de maio | 17 horas

Biblioteca Infantil e Xuvenil da Coruña Como chegar

Inscrición: podedes reservar praza, ben chamando por teléfono, na Biblioteca Municipal Infantil e Xuvenil ou enviando un correo electrónico a binfantil@coruna.es.

 

Escribe un comentario

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.