O recuncho dos contos na Sala Gurugú

O recuncho dos contos na Sala Gurugú

O recuncho dos contosPinga Teatro estará este sábado na Coruña coa obra O Recuncho dos contos para espertar nos nenos o gusto pola lectura e os contos e encamiñalos cara a creatividade e expresividade. Pinga Teatro busca cos seus contos fomentar o respecto ao medio ambiente, a convivencia, a cooperación, a amistade, a solidariedade, e a igualdade e o respecto. Mediante contos, xogos e cancións a contacontos interactuará co público asistente.

Dirixido a: público infantil e familiar

Duración: 50 minutos

25 de maio | 19 horas

Prezo: 4€

SALA GURUGÚ na Coruña Como chegar

 
 

Escribe un comentario