Contacontos para bebés

Contacontos para bebés

pequeno azul e pequeno amareloBiblioteca Pública Ánxel Casal de Santiagovolve en outubro con moitas actividades para os nen@s, nesta ocasión para os máis pequerrechos porque son contacontos de animación no recuncho dos bebés da Sala Infantil. As sesións correrán a cargo da cooperativa Andaina e da monitora Carme Colinas.

Os sons da natureza: mar e bosque. Estimulación sensomotriz a cargo de Andaina para nen@s de 0 a 12 meses. Experimentación e descubrimento a través dos sentidos.

Dirixido a: nen@s de 0 a 12 meses

Duración: 60 minutos

5 de outubro | 18 horas

 Pequeno amarelo, pequeno azulContacontos con Andaina onde o azul e o amarelo serán os protagonistas desta historia.

Dirixido a: nen@s de 12 a 24 meses

Duración: 60 minutos

19 de outubro | 18 horas

A eiruga larpeiraAndaina cóntanos a  historia da eiruga larpeira que dará paso a unha sesión de cociña.

Dirixido a: nen@s de 24 a 36 meses

Duración: 60 minutos

26 de outubro | 18 horas

BIBLIOTECA PÚBLICA ÁNXEL CASAL en Santiago Como chegar

Inscrición: Precísase inscrición previa e prégase presentarse 10 minutos antes do inicio da actividade.

Para máis información podedes chamar ao teléfono 881 999 401.

Escribe un comentario

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.