Conta, conta en Cambre

Conta, conta en Cambre

As Bibliotecas Municipais de Cambre organizan ata o mes de maio o programa de animación á lectura Conta, conta nas Bibliotecas Municipais. As actividades deste programa van dirixidas a os pequenos prelectores e a os primeiros lectores e desenvólvese en tres áreas.

ContaContaCambre

O Moucho Leroucho

O Moucho Leroucho é a mascota das Bibliotecas Municipais de Cambre e o eixe central da súa programación infantil: conta contos, representa historias, canta, recita… e ás veces tamén invita os seus amigos aos encontros cos pequenos. Como a Familia Ratoncio, que viven nun lugar chamado Lonxedetodo, o Gato Gatrolas que conta historias das súas viaxes, o Parrulo Rabudo que vive no embalse de Cecebre e a Curuxa Maruxa da que o Moucho Leroucho está perdidamente namorado.

En cada sesión adóitanse traballar dous contos, xeralmente do mesmo tema ou semellante, ben sexan celos, timidez, amizade, soidade, racismo, amor, igualdade, pacifismo, medio… Un dos contos adoita ser lido e o outro sempre representando – só ou acompañado polos propios nenos ou adultos – ou ben con montaxes especiais de materiais creados a partir das propias historias.

16 de xaneiro | Biblioteca Municipal Central 17.30 horas

17 de xaneiro | Biblioteca Municipal Os Templarios 17.30 e 18.30 horas

18 de xaneiro | Biblioteca Municipal Xabier P. Docampo 17.30 horas

6 de febreiro | Biblioteca Municipal Central 17.30 horas

7 de febreiro | Biblioteca Municipal Os Templarios 17.30 e 18.30 horas

8 de febreiro | Biblioteca Municipal Xabier P. Docampo 17.30 horas

13 de marzo | Biblioteca Municipal Central 17.30 horas

14 de marzo | Biblioteca Municipal Os Templarios 17.30 e 18.30 horas

15 de marzo | Biblioteca Municipal Xabier P. Docampo 17.30 horas

3 de abril | Biblioteca Municipal Central 17.30 horas

4 de abril | Biblioteca Municipal Os Templarios 17.30 e 18.30 horas

5 de abril | Biblioteca Municipal Xabier P. Docampo 17.30 horas

24 de abril | Biblioteca Municipal Central 17.30 horas

25 de abril | Biblioteca Municipal Os Templarios 17.30 e 18.30 horas

26 de abril | Biblioteca Municipal Xabier P. Docampo 17.30 horas

8 de maio | Biblioteca Municipal Central 17.30 horas

9 de maio | Biblioteca Municipal Os Templarios 17.30 e 18.30 horas

10 de maio | Biblioteca Municipal Xabier P. Docampo 17.30 horas

29 de maio | Biblioteca Municipal Central 17.30 horas

30 de maio | Biblioteca Municipal Os Templarios 17.30 e 18.30 horas

31 de maio | Biblioteca Municipal Xabier P. Docampo 17.30 horas

Paula Carballeira

Estas sesións céntranse nunha actividade de contacontos baseada na oralidade e no exercicio teatral pero sen aparecer de xeito presencial o libro, como sucede co Moucho Leroucho.

23 de xaneiro | Biblioteca Municipal Central 17.30 horas

24 de xaneiro | Biblioteca Municipal Os Templarios 18.30 horas

25 de xaneiro | Biblioteca Municipal Xabier P. Docampo 17.30 horas

20 de febreiro | Biblioteca Municipal Central 17.30 horas

21 de febreiro | Biblioteca Municipal Os Templarios 18.30 horas

22 de febreiro | Biblioteca Municipal Xabier P. Docampo 17.30 horas

20 de marzo | Biblioteca Municipal Central 17.30 horas

21 de marzo | Biblioteca Municipal Os Templarios 18.30 horas

22 de marzo | Biblioteca Municipal Xabier P. Docampo 17.30 horas

17 de abril | Biblioteca Municipal Central 17.30 horas

18 de abril | Biblioteca Municipal Os Templarios 18.30 horas

19 de abril | Biblioteca Municipal Xabier P. Docampo 17.30 horas

14 de maio | Biblioteca Municipal Central 17.30 horas

15 de maio | Biblioteca Municipal Os Templarios 18.30 horas

16 de maio | Biblioteca Municipal Xabier P. Docampo 17.30 horas

Contacontos en inglés

Sesións de contos en inglés que pretenden un achegamento a lectura noutras linguas dos rapaces máis pequenos. Ten como presenza o libro en lingua inglesa e conta sempre con material de apoio que fai referencia á historia contada no libro, textos dramatizados, oralidade, power point…

31 de xaneiro | Biblioteca Municipal Os Templarios 18.30 horas

14 de febreiro | Biblioteca Municipal Os Templarios 18.30 horas

7 de marzo | Biblioteca Municipal Os Templarios 18.30 horas

11 de abril | Biblioteca Municipal Os Templarios 18.30 horas

Actividades dirixidas a: nen@s a partir de 3 anos (poden ir acompañados dun adulto)

Inscrición: Para as sesións do Moucho Lerouche é imprescindible reservar praza por teléfono ou ben inscribirse en cada biblioteca.

-Biblioteca Central. Tel. 981 67 51 09
-Biblioteca M Os Templarios. Tel. 981 66 14 58
-Biblioteca M Xabier P. Docampo. Tel. 981 66 52 36

HORARIO das tres bibliotecas: De luns a venres | de 10 a 13h e de 16h a 20h. Os Sábados | de 10 a 13h

BIBLIOTECA MUNICIPAL CENTRAL DE CAMBRE EN A CORUÑA Cómo chegar

BIBLIOTECA MUNICIPAL OS TEMPLARIOS EN A CORUÑA Cómo chegar

BIBLIOTECA MUNICIPAL XABIER P. DOCAMPO EN A CORUÑA Cómo chegar

 

Escribe un comentario