Club de Ciencia e Investigación

Club de investigadores infantís

O CCI (Club de Ciencia e Investigación) é un Club das Bibliotecas Municipais da Coruña que nace cun compromiso coa Ciencia, co noso planeta e co Medio Ambiente enmarcado no Ano Internacional da cooperación na esfera da auga. Este club ten as súas sedes nas Bibliotecas Municipais Infantil e Xuvenil, Fórum Metropolitano e Ágora e vai dirixido a a rapaces e rapazas entre 9 e 13 anos con curiosidade científica e moitas ganas de pasalo ben.

cci club de ciencia e investigación

Así que se o teu rapaz ou rapaza quere ser o investigador ou investigadora ideal inscríbeo neste Club e acompáñao nas trepidantes aventuras e misións que se desenvolven no Club de Ciencia e Investigación (CCI).

H2O. 0
Sumérxete cos teús pais e nais nas redes do CCI e empapádevos do BLOG
H2O. 1
Todos saberedes o que significan as siglas H2O pero ¿qué se agocha tras ese líquido incoloro e inoloro que é, a priori, tan doado de conseguir? Descobre os segredos, as curiosidades e o futuro incerto deste líquido indespensable para a nosa vida.
H2O. 2
Hai diferentes rutas: as de sendeirismo, as gastronómicas, a 66, a do bacallao… pero ningunha tan interesante para mentes investigadoras e científicas como a “Ruta da Auga da cidade da Coruña”. ¿Queres ver como flúe?
H2O. 3 (Saída)
Os pequenos investigadores e investigadoras visitarán o Encoro de Abegondo – Cecebre, que abastece de auga á cidade da Coruña e que ademais é un espazo natural protexido.
H2O. 4 / H2O. 5
Día da Ciencia na Rúa, nada mellor que xuntarnos a salvo das miradas alleas dos espías que nos poidan interromper no noso camiño cara ao “Parque de Santa Margarita”
DCR (Día Ciencia na Rúa)
CHEGOU O DÍA CHEGOU A ROMARÍA. Este é o gran día e os rapces e rapazas mostrarán o seu traballo de investigación diante de todo o mundo. Collerán o equipo e demostrarán que cada pinga conta.

CALENDARIO DE SESIÓNS


Btca. Ágora
Btca. Forum
Btca. Infantil
H20. 0 20 febreiro 21 febreiro 23 febreiro
H20. 1 6 marzo 7 de marzo 9 marzo
H20. 2 20 marzo 21 marzo 23 marzo
H20. 3 (Salida) 4 abril 4 abril 4 abril
H20. 4 17 abril 18 abril 20 abril
H20. 5 24 abril 2 maio 3 maio
4 de maio Día de a Ciencia na rúa

Nas bibliotecas Ágora e Fórum Metropolitano todas as sesións serán ás 18:30h e na Biblioteca Infantil e Xuvenil ás 17:30h (agás a do venres 3 de maio que será ás 18:30h). Todas as saídas terán un horario especial, que comunicarase con antelación.

Dirixido a: Nenos e nenas de 9 a 13 anos

Precio: Gratuito

Inscricións: Prazas limitadas (25 por biblioteca). A inscrición é para a totalidade de sesións da biblioteca que se elixa.

Máis información e inscricións chamando aos teléfonos das Bibliotecas Municipais: Ágora (Tlf. 981 189 886), Fórum (Tlf 981 184 298) e Infantil e Xuvenil (Tlf. 981 184 388).

BIBLIOTECA MUNICIPAL ÁGORA Cómo chegar

BIBLIOTECA MUNICIPAL FORUM METROPOLITANO Cómo chegar

BIBLIOTECA MUNICIPAL INFANTIL E XUVENIL Cómo chegar

 

Escribe un comentario