Cine para familias en el CGAI

No Centro Galego de Artes da Imaxe na Coruña mensualmente poderedes gozar do cine dentro do ciclo de cine para familias. Un sábado ao mes proxectamon título pensado para nenos de 3-11 anos. Son películas de diferentes épocas, dende o cine mudo ata autores contemporáneos, e préstase especial atención a cinematografías doutras culturas máis ou menos afastadas ás que sería difícil acceder dende calquera outro circuíto de exhibición.

 

LA CANCIÓN DEL MAR / SONG OF THE SEA
(Irlanda, 2014) Dirección: Tomm Moore

Ben e Saoirse viven nun faro, na parte máis alta dunha pequena illa, co seu pai, quen para protexelos dos perigos do mar envíaos a vivir coa avoa á cidade. Alí, Ben descobre que a súa irmá mais nova é unha Selkie, un fada do mar, unha nena foca que coa súa canción pode liberar os seres máxicos do sortilexio que lles fixo a Bruxa dos bufos. Nunha viaxe fantástica, Ben e Saoirse enfrontaranse a medos e perigos, e loitarán contra a Bruxa para axudar aos Seres Máxicos a recuperaren o seu poder. Segunda película do director Tomm Moore, onde, do mesmo xeito que fixera en El secreto del libro de Kells, mira de novo cara á mitoloxía, folclore e lendas irlandesas: as selkies, neste caso. Película complexa, canto á natureza, animación minuciosa, imaxe coidada, banda sonora de Bruno Coulais e o gupo folk Kíla, La canción del mar estivo nomeada aos Óscars como Mellor longametraxe de animación. Película recomendada para nenos a partir dos 6 anos.

  • 16 de abril | 18 horas
  • Duración: 93 minutos
  • Entrada de balde

 

Escribe un comentario

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.