Cine Infantil no CGAI

Cine Infantil no CGAI

Centro Galego de Artes da Imaxe da Coruña na sección CGAI Júnior propónnos achegarnos ao cine infantil. A través da diversidade da sétima arte, con filmes divertidos e emocionantes os máis pequenos poderán iniciarse na lectura das imaxes, viaxar por outros horizontes, divertirse…

Koki

koki cgai cine infantilEscolma dunha serie catalá de animación en plastilina. Creada por Jordi Amorós en 1994 e a autora de libros infantís Roser Capdevila. Unha familia de pitas vive con todo tipo de aves en perfecta harmonía no lugar de Los Avellanos. Xuntos desenvolven unha lingua universal común. Enormemente popular, exportouse a un centenar de países, tratando de difundir valores e estimular emocións e imaxinación.

Dirixido a: Nen@s maiores de 2 anos, acompañados dun adulto

Duración: 50 minutos

23 de febreiro | 18 horas

El Ilusionista

el ilusionista cgai cine infantilAo comezo da década dos 60, cando o mundo vibra coa chegada do rock e a televisión, un vello mago intenta sobrevivir cos seus trucos deixando París atrás e buscando sorte en Londres e en Escocia. Nun pequeno pobo da costa coñece a Alice e dende ese momento a vida de ambos os dous cambiará para sempre. El Ilusionista é unha adaptación dun vello guión de Jacques Tati sobre a relación dun vello mago cunha nena que aínda cre na maxia e que o cineasta escribiu como homenaxe á súa filla Sophie Tatischeff.

Dirixido a: Nen@s maiores de 10 anos, acompañados dun adulto

Duración: 50 minutos

16 de marzo | 18 horas

Kiriku y las bestias salvajes

kiriku cgai cine infantilA historia nárrase como os contos africanos tradicionais, transmitidos de modo oral onde o avó, desde a gruta azul, nos conta como Kiriku se converte en xardineiro, detective, oleiro, comerciante, viaxeiro e médico e como o máis novo e valente dos heroes terá que buscar no seu interior para encontrar o valor, a astucia e a xenerosidade necesarias para triunfar sobre o mal. A través de vellas fábulas e con gran sinxeleza a película fálanos de valores como o amor, a amizade, a tradición e o respecto polo medio ambiente e as persoas e seres que o enriquecen.

Dirixido a: Nen@s maiores de 4 anos, acompañados dun adulto

Duración: 75 minutos

20 de abril | 18 horas

El pequeño rey Macius

ElpequeoreyMacius cgai cine infantilPouco antes de cumprir nove anos, o príncipe Macius enfróntase a un dos momentos máis difíciles da súa curta vida: o seu pai, o Rei, morreu e Macius debe ascender o trono. Tan pronto acepta e asume a súa tarefa, o malvado Xeneral comeza a conspirar na súa contra. O Xeneral quere gobernar o país e, o máis importante, inicia unha guerra…. Tras innumerables aventuras, o Xeneral debe aceptar a súa derrota e Macius decátase de que cando gobernar non é tan doado é moi importante ter bos amigos nos que confiar.

Dirixido a: Nen@s maiores de 3 anos, acompañados dun adulto

Duración: 83 minutos

11 de maio | 18 horas

CGAI na Coruña Como chegar

Entrada de balde. Prazas limitadas. As portas abriránse 10 minutos antes de cada sesión.
 
 
 

Escribe un comentario

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.