Cine infantil no CGAI Junior

Arthur Christmas: Operación regalo

O Centro Galego de Artes da Imaxe de A Coruña proxecta este Nadal a película infantil Arthur Christmas: Operación regalo. Esta iniciativa do CGAI Junior diríxese aos máis pequenos da casa e contempla a versatilidade e as posibilidades de aprendizaxe a través do cinema.

Arthur Christmas: Operación RegaloSanta Claus cre que o seu reinado está próximo á súa fin e que lle chega a hora de se xubilar. Confía en que seu fillo Steven, que é moi eficiente e responsable, aínda que non moi alegre, estea preparado para tomar o relevo de contado. Non obstante, ese Nadal xorde un problema: un dos 600 millóns de nenos aos que había que visitar queda sen o seu agasallo.

Comedia de acción e aventuras escrita por Peter Baynham (Borat) e producida polos estudos Aardman, responsables de títulos como Wallace&Gromit ou Evasión en la granja.

Dirixido a: Nen@s a partir dos 6 anos (acompañados dun adulto)

22 de decembro | 18 horas

Duración: 100 minutos

Versión: Castelá

CGAI na Coruña Como chegar

Entrada de balde

 

Escribe un comentario