Un ano máis volve á Cidade da Cultura a Cidade Imaxinaria. Unha xornada chea de actividades, espectáculos, música e xogos para toda a familia! Seredes os protagonistas de historias fantásticas como as de Julio Verne, H.G. Wells ou Arthur Conan Doyle.
Unha viaxe no tempo na que non faltarán equilibristas, malabaristas e trapecistas para recrear a esencia do circo. Unha batukada steampunk será encargada de poñerlle banda sonora a este universo retrofuturista. Burbullas xigantes, circuítos de xirociclos e monociclos e un coche retrofuturista reforzarán a diversión nesta xornada de maxia e fantasía.
- 19 de agosto | de 11 a 20.30 horas
- Entrada gratuíta
- Haberá servizos de xantar -Cantina do Gaiás e foodtrucks- además de zonas de relax
- Podedes consultar AQUÍ o plano e os horarios das actividades
- Cidade da Cultura en Santiago Como chegar