Cidade Imaxinaria 2016

A Cidade da Cultura en Santiago convértese como cada mes de agosto na Cidade Imaxinaria. Espectáculos, xogos e obradoiros para pasar unha xornada en familia. Con equilibristas, malabaristas, trapecistas… circo e fantasía agárdanvos o sábado 20 de agosto no Gaiás!!

Gozaredes do circo co trapecio das irmás Bambalas, os equilibrios do Cabaret elegante e aprenderedes nunha Escola de Circo. Os espectáculos itinerantes de Oopart, de Pete & Pat, do humor dos Traps, uns simpáticos dragóns confeccionados con centos de teas e dos Bregadiers. Bangaluru achegará os aromas, cores e ritmos de Oriente con Airavata, unha elefanta sagrada, e a festa das cores.

Os xogos volven a convertese, nesta edición, nos protagonistas con  Garabato de bicicletas, con Trans Ludo Express e poderedes demostrar o voso enxeño ao superar as difíciles probas do Corazón xigante e da Berdinguette. Para os máis pequenos -de 1 a 6 anos- está pensado o espazo o Illote dos Cativos, con máis de 20 xogos tradicionais. Poderedes xogar tamén na Xincana Con-fío en Galicia, na que descubrir a importancia da historia do téxtil en Galicia superando as diferentes etapas que se sucederán no Xardín Literario.

Cidade Imaxinaria celebrará un flasmob ao máis puro estilo Bollywood. Tras aprender uns sinxelos pasos da man de Martha Franco e as súas bailarinas, todos os asistentes terán a oportunidade de participar nunha espectacular coreografía colectiva.

  • Dirixido a: todos os públicos
  • 20 de agosto | de 11 a 20.30 horas
  • Entrada gratuita
  • Cidade da Cultura en Santiago Como chegar

 

 

Fotos Cidade Imaxinaria 2015: Manuel G. Vicente

Escribe un comentario

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.