Choqueiriños na Coruña

Que mellor plan que celebrar o Entroido con música? Na Coruña, no recinto Expocoruña, este domingo 26 de febreiro poderedes gozar dunha festa para toda a familia: Choqueiriños.

Poderedes achegarvos á tradición do Entroido coruñés, degustando tamén unha merenda con orellas e filloas, os doces más típicos do Entroido galego. Dende as 16h e ata as 23h haberá concertos con Mamá Cabra, Magín Blanco e A Banda das Apertas e Paco Nogueiras. Ademais da música os nenos poderán divertirse xogando nos inchables. Os concertos comezarán a partir das 17.30h e antes e despois, a picadiscos María Faltriqueira será a encargada de animar aos asistentes.

Haberá tamén unha ampla zona de restauración con food-trucks e postos de orellas, filloas e outros doces para repoñer forzas durante a tarde.

ENTRADAS. A entrada ao recinto + 1 refresco custa 6€. Á venda a través de Entradas ABANCA.

Escribe un comentario