Ceo das Letras Infantil con Castelao

Ceo das Letras Infantil con Castelao

ceodasletrasCeo das Letras Infantil volve  á Cidade da Cultura e faino para introducir aos pequenos lectores no mundo dos grandes autores da nosa literatura dun xeito lúdico e didáctico. Nesta ocasión os nen@s resolverán pequenos misterios sobre a vida e a obra de Castelao a través de xogos con textos, actividades e lecturas.

Dirixido a: nen@s de 6 a 11 anos

Duración: 2 horas

15 de decembro | 12 horas

CIDADE DA CULTURA en Santiago de Compostela Como chegar

Prezo: A actividade é de balde ata completar o aforo, limitado a 30 prazas.

Inscrición: podedes reservar praza a través da web da Cidade da Cultura.

Para máis información podedes chamar ao teléfono 881 979 010.

Escribe un comentario

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.