Ceo das Letras Infantil con Otero Pedrayo
O Ceo das Letras Infantil volve á Cidade da Cultura e faino para introducir aos pequenos lectores no mundo dos grandes autores da nosa literatura dun xeito lúdico e didáctico. Nesta ocasión os nen@s resolverán pequenos misterios sobre a vida e a obra de Ramón Otero Pedrayo a través de xogos con textos, actividades colectivas e pequenas lecturas. As actrices Marta Ríos e María Lado dinamizarán e interpretarán esta aventura na que a aprendizaxe e a diversión serán a mesma cousa.
A actividade desenvólvese nun percorrido pola Biblioteca da Cidade da Cultura, onde os nen@s irán atopando actividades lúdicas para coñecer ao escritor e á súa obra. Pintarán a Otero Pedrayo, escoitarán música, disfrazaranse…
Dirixido a: nen@s de 6 a 11 anos
Duración: 2 horas
20 de outubro | 12 horas
CIDADE DA CULTURA en Santiago de Compostela Como chegar
Prezo: A actividade é de balde ata completar o aforo, limitado a 30 prazas.
Inscrición: podedes reservar praza a través da web da Cidade da Cultura.
Unha vez celebrada esta sesión, abrirase a reserva para o seguinte sábado de autor que será o 7 de novembro con Federico García Lorca e o 15 de decembro con Castelao.
Para máis información podedes chamar ao teléfono 881 979 010.