O Festival de Contidos Dixitais Carballo Interplay celébrase esta semana en Carballo ademais de charlas, master class, mesas redondas… tamén haberá obradoiros pensados para os nenos e nenas. É un evento centrado nos contidos dixitais en vídeo e falarase de ficción seriada, youtubers, redes, creación de ficción, humor…
Na web podedes consultar o programa completo, aquí destaco soamente os obradoiros pensados para os nenos e nenas:
STOP-MOTIÓNATE! Animación con plastilina impartido por ILLA BUFARDA
Crearán unha curtametraxe animando fotograma a fotograma e modelando novos decorados e elementos na historia. Tamén farán a banda sonora orixinal poñendo voces, ritmos e efectos sonoros ao film. A curtametraxe será editada por Illa Bufarda no prazo máximo dun mes dende o remate do obradoiro.
- Dirixido a: nenos e nenas de 9 a 12 anos
- 5 de maio | de 16 a 19 horas
- Pazo da Cultura de Carballo
- É gratuito, pero as prazas son limitadas. Aquí podes facer a inscrición
ELECTRÓNICA BÁSICA impartido por VERMISLAB
Neste obradoiro os nenos e nenas interactuarán con LED´s, timbre e sinxelos circuitos electrónicos realizados con plastilina conductiva e pilas. Ao final do taller terán un proxecto propio en electrónica básica.
- Dirixido a: nenos e nenas a partir de 5 anos
- 6 de maio | de 10.30 a 12.30 horas
- Fórum de Carballo
- É gratuito. Aquí podes facer a inscrición
ROBÓTICA impartido por VERMISLAB
O obradoiro consistirá na montaxe dun robot Escornabot, un proxecto aberto a comunidade que permite crear robots dun xeito sinxelo e personalizalo como máis che guste. Combinará unha parte de montaxe onde aprenderemos as diferentes partes que o compoñen cunha parte de deseño onde cada equipo fará os deseños de diferentes carcasas para darlle identidade propia.
- Dirixido a: nenos e nenas a partir de 6 anos
- 6 de maio | de 16 a 20 horas
- Pazo da Cultura de Carballo
- É gratuito, pero as prazas son limitadas. Aquí podes facer a inscrición