Cantigas e danzas do mundo para bebés

Cantigas e danzas do mundo para bebés en Teo

Nina-Nanas é a actividade que nos propón Merlo Branco para facer un pequeno percorrido polas doces melodías que tranquilizan os nenos de diferentes culturas. Nina-nana é a palabra que se lle dá en Italia aos arrolos e cantigas de berce. Oír e cantar, facendo os movementos que nos relacionan co noso bebé e cos outros bebés do mundo… Unha actividade para que os nosos bebés establezan o seu primeiro contacto coa música e coa danza.

nina nanas merlo branco

Dirixido a: bebés de 0 a 8 meses, pais, nais e embarazadas.

Duración: 1 hora

12 de maio | 11 e 19 horas

Casa Común Marisa Mirás de Calo en Teo – Santiago  Como chegar

Prezo: 5€ por persoa

Inscrición: podes reservar a túa praza chamando ao 981 807 642 (de luns a venres de 10.30 a 14h) ou no mail producions@merlobranco.com. O prazo de inscrición remata o 3 de maio de 2013.

 

 

Escribe un comentario