Brinquedia, a rede de Xogos Populares

Brinquedia, a rede de Xogos Populares

Brinquedia, a rede galega do xogo tradicional, ven de celebrar o VI Encontro Escolar de Xogos Tradicionais. Foi o pasado día 2 de xuño no recinto da Fundación de Exposicións e Congresos da Estrada.

Queremos compartir o fantástico traballo de Brinquedia na posta en coñecemento e en valor dos xogos tradicionais. Trátase dunha asociación que dá cabida a todas as entidades que traballan arredor do patrimonio lúdico galego. Na súa web podedes atopar moitos xogos tradicionais para todas as idades.

Brinquedia amosa cómo se pode xogar sen máquinas nin tecnoloxía, simplemente empregando como motor os pés e as mans, e unha boa dose de enerxía. ¡Anímadevos a recuperar algún destes xogos!

Escribe un comentario

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.