Brinca Gaiás

 

Brinca Gaiás

Brinca Gaiás é o novo programa de actividades para nenos da Cidade da Cultura para achegarlos á música, a ópera, ao teatro ou á danza a través do xogo e a diversión. Os nenos volverán ser os protagonistas a través dun ciclo co que a Cidade da Cultura tratará de inculcar o gusto polas artes escénicas desde idades temperás. 

Il Cirque D’Amore

cirque d'amoreA través dunha divertida historia chea de humor para nen@s e adultos, dous cantantes e un pianista repasan un repertorio operístico ben popular. Micaela é a muller barbuda do Cirque d´Amore; nel limpa a pista, dá de comer aos elefantes, cociña para os artistas e baila… Con axuda de Pierrot marchará do circo e coñecerá a Figaro, un barbeiro tolo que dará a Micaela confianza nela mesma. Pero… conseguirá Micaela ser feliz?

Dirixido a: Nen@s a partir de 4 anos

Duración: 45 minutos

17 de febreiro | 12 e 17 horas

Prezo: 5€

Entradas: Podedes mercar as entradas a través de Servinova.

Flamenco Kids

Brinca_FlamencoUn concerto que achega a maxia do flamenco ao público familiar. Isto é Flamenco Kids, un espectáculo que lle ofrece, por primeira vez, ao público infantil, un concerto didáctico e ameno con músicas e letras elaboradas coa mesma calidade que un espectáculo destinado a un público adulto, onde o flamenco é o vehículo estético e rítmico para contar unhas historias que cheguen á alma dos nenos e tamén dos pais.

Dirixido a: Nen@s a partir de 3 anos

Duración: 50 minutos

10 de marzo | 12 e 17 horas

Prezo: 5€

Entradas: Podedes mercar as entradas a través de Servinova.

Concerto para bebés

Brinca_BebesEste concerto para bebés de Paulo Lameiro é un concerto onde os bebés son convidados a escoitar. Música clásica da man de temas tradicionais, pop-rock e improvisacións vogais-instrumentais nos que o público é partícipe. Unha experiencia de complicidades, onde os sons e os silencios sorprenden a todos. De Monteverdi a Mozart, do cavaquinho aos didgeridoos, intercámbianse espantos e escóitanse suspiros, todo aderezado coa propia iniciativa do espectador.

Dirixido a: Nen@s de 0 a 3 anos

Duración: 45 minutos

28 de abril | 12 e 17 horas

Prezo: 8€

Entradas: Podedes mercar as entradas a través de Servinova.

 

CIDADE DA CULTURA en Santiago de Compostela Como chegar

 

 

 

Escribe un comentario