Nuncabunga na Cidade da Cultura

Nuncabunga de Elefante Elegante na Cidade da Cultura

Nuncabunga é un espectáculo cómico e poético sen palabras da compañía Elefante Elegante dedicado ao público familiar e infantil. A acción desenvólvese nun espazo que evoca a proximidade co mar. Alí vive unha persoa que nun recuncho construíu o seu fogar. Un día de tempestade aparece un estraño entalado nunhas redes, coma un refugallo máis, daqueles que o mar bota fóra. Non ten casa nin comida mais está decidido a quedar naquel lugar. Serán eles capaces de chegar a un acordo?

nuncabunga

Tras gañar o premio á mellor montaxe teatral de Galicia no 2012 na decimosétima edición dos Premios María Casares, dende lamariola hoxe quixemos entrevistalos para coñecer de preto o seu traballo e o teatro infantil. Podedes ler a entrevista no noso blog.

Dirixido a: nenos maiores de 3 anos

Duración: 1 hora

26 de maio | 12 e 17 horas

Prezo: 5€

Entradas: á venda en Servinova

CIDADE DA CULTURA en Santiago de Compostela Como chegar

 

 

 

Escribe un comentario

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.