Bosque de Galicia en la Ciudad de la Cultura

Se visitades Compostela non vos podedes perder, ademais da Cidade da Cultura e das exposicións e actividades que organizan periodicamente, os seus espazos exteriores. Poderedes camiñar polos 3 quilómetros de sendas que percorren o Bosque de Galicia. Tamén gozar das dúas áreas infantís no Parque da Balea, ademais de coñecer o Xardín Literario.

bosquedegalici

O Bosque conta con zonas de descanso e un mirador no alto. Ao norte do Bosque sitúase o Parque da Balea, un espazo de xogo que homenaxea ao artista coruñés Urbano Lugrís. No centro levántase unha estrutura con forma de balea, inspirada nos monstros mariños de Lugrís. A idea do esquelete dunha balea está presente nos escritos de Peter Eisenman cando describe os edificios do Gaiás, citando mesmo a Moby Dick de Herman Melville. O parque está conectado co Bosque de Galicia, sendo a porta de acceso para aqueles que suban ao Gaiás percorrendo as sendas. Ao sur atoparedes unha segunda área de lecer, equipada con columpios de formas abstractas, xeniais para divertirse nun entorno creativo.

  • parquedabalea1Horarios: de luns a domingos de 7 a 23 horas
  • Entrada gratuita
  • Visitas guiadas de balde todas as fins de semana de xuño
  • Cidade da Cultura en Santiago de Compostela Como chegar

parque_cidadedacultura

Escribe un comentario