Bebescena Primavera 2017

Volve esta primavera o ciclo de artes escénicas para bebés Bebescena ao Centro Ágora da Coruña. Unha experiencia, unha aproximación ás emocións primarias. Un achegamento a mundos oníricos onde as formas, as cores, os cheiros, o son ou o movemento teñen moito máis que contar que as palabras… Este son os espectáculos dos que poderedes gozar en familia os vindeiros meses:

 

CONCHAS de Teatro d´orfeu

Conta a historia de viaxantes, pintados na tea, reais e imaxinarios. Partindo da memoria colectiva de dous países (Portugal e Noruega), mesturouse a música, a expresión dramática e corporal, o movemento e as marionetas e encontrouse un compromiso cultural identitario. Un espectáculo icónico onde a abordaxe non verbal gaña forma a través da fusión fonética das dúas linguas, creando novas palabras e sons, aliándose á musicalidade e á linguaxe corporal.

  • Dirixido a: nenos de 1 a 3 anos
  • Duración: 35 minutos
  • 26 de marzo | 11.30 y 13h

conchas

 

REDONDO de Caramuxo Teatro

Un espectáculo para a primeira infancia que xoga coas formas. A Mr. Round fascínano todos aqueles obxectos redondos, os máis curiosos obxectos con forma de circunferencia. Un día, na súa incesante procura atopará unha asombrosa esfera que agocha historias sorprendentes.

  • Dirixido a: nenos de 1 a 3 anos
  • Duración: 30 minutos
  • 9 de abril | 11.30 y 13h

redondo_caramuxo

 

EL VUELO DEL SOL Y LA LUNA de Bámbola Teatro

O Sol e a Lúa comezan o seu baile acompañados de flores, peixes, estrelas e outros seres extraordinarios do día e a noite neste espectáculo teatral especialmente creado para estimular os sentidos dos bebés. O ciclo do día e a noite é o fío narrativo deste espectáculo teatral que introduce os máis pequenos nun universo de imaxes no cal poidan recoñecer, dunha maneira asombrosa, divertida e luminosa, como a noite non é escura, senón un espazo invadido de luces e vida, no que non é posible temer e no cal durmir é unha canción,
mentres contemplan o diálogo constante entre o Sol e a Lúa, tanto a nivel teatral como a nivel vital.

  • Dirixido a: nenos de 1 a 3 anos
  • Duración: 40 minutos
  • 7 de maio | 11.30 y 13h

elvuelodelsolylaluna

 

LALÚ de Lasal Teatro

Dúas persoas. Tras elas un espazo deshabitado, impersoal. Nuns minutos, que son segundos, que é un anaco de tempo… poboan o lugar que os rodea. Éncheno de luces e sombras, de reflexos irreais, que son máis verdade que as súas propias mans, e descobren progresivamente o que ese lugar nun principio parecía ocultar: Lalú é este espazo… unha mirada… Lalú é fugaz como un suspiro ou un pestanexo. Nós creámolo para que ti o imaxines…

  • Duración: 30 minutos
  • 28 de maio | 11.30 y 13h

lalu_lasalteatrocirculoscoloresEntradas

  • Entrada: 6€ e 2€ menores de 3 anos. Abono de 3 entradas: 15€
    • Taquilla Central Plaza Ourense: de lunes a viernes (excepto festivos) de 9.30 a 13h y de 16.30 a 19.30h
    • Taquilla Centro Ágora: abierta solo días de función desde una hora antes (solo si hay localidades disponibles)
    • Televenta: 902 044 226 (de lunes a viernes de 9 a 22h; sábados de 14 a 22h; domingos de 16 a 21h)

 

 

Escribe un comentario

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.