Babacontos na Sala Gurugú

Teatro infantil con Babacontos na Sala Gurugú

babacontosO espectáculo Babacontos porá o broche final ao ciclo Sábados en familia na sala Gurugú da Coruña.  A compañía Babaluva trae a Babamá cargada de historias. Convertirá os obxectos e cacharros en personaxes cos que imos viaxar. En petos e potas ten fabas máxicas para encantar, inventa contos para espertar, contos para xantar, contos … para non durmir, contos para cantar. Cando a Babamá sintas susurrar abre as orellas e deixate levar!!!

A contadora e titiriteira Larraitz Urruzola, utilizando a técnica da manipulación de obxectos e as ferramentas da narración oral tradicionais, xoga a crear atmósferas poéticas, situacións que xurden da transformación dos obxectos e espazos, contribuíndo a iniciarse no mundo dos contos e do teatro a través da inventiva, da creación efímera e espontánea.

Dirixido a: nenos a partir de 3 anos

Duración: 40 minutos

1 de xuño | 19 horas

Prezo: 5€

SALA GURUGÚ na Coruña Como chegar

 

Escribe un comentario