A pequena e grande orquestra en Santiago

Baile e música para toda a familia! É a nova proposta de Urdime: A pequena e grande orquestra. Un proxecto musical pensado para o público familiar que se estrea este domingo 28 de maio na Praza da Quintana en Santiago. Será no mesmo escenario no que poderedes gozar ademais do concerto de María Fumaça.

Esta orquestra especial fará un repaso pola música infantil galega máis tradicional, pasando polos grandes éxitos que acompañaron nos anos 90 a toda a xeración Xabarín e continuando polos grupos musicais que nos últimos 15 anos tiveron e teñen presencia en Galicia. A formación musical da pequena e grande orquestra está integrada por Carliños Freire á batería, Pablo Vidal no contrabaixo, Javier Costenla no piano e Benxamín Vázquez á guitarra, coas voces ao fronte de: Sabela King, Javi Gradín e Nerea Bello.

  • 28 de maio | 17.30 horas
  • Praza da Quintana en Santiago

 

Escribe un comentario