Sorteo para Otro gran teatro del mundo

 

sorteo_mundo

Otro gran teatro del mundo da Compañía Nacional de Teatro Clásico e Uroc Teatro é unha adaptación para nenos da obra de Calderón da Barca El gran teatro del mundo. O venres 27 de decembro ás 18 horas no Teatro Colón poderedes disfrutar desta comedia musical.

Hoxe é o aniversario do Mundo e o seu amigo Calderón de la Barca organiza unha festa sorpresa cun agasallo moi especial: a representación de El gran teatro del mundo. Pero a sorpresa levaránsa Calderón e a súa compañía, ao descubrir que o Mundo está moi enfermo. Unha nena de sete anos, aparece  en escea para revolucionar os plans de Calderón…

[blockquote indent=”yes” ]Apetécevos disfrutar deste espectáculo en familia?[/blockquote]

Regalamos 3 entradas dobres para que podades velo o 27 de decembro ás 18 horas no Teatro Colón da Coruña. Que tedes que facer? É moi sinxelo:

  • Ser seguidores de lamariola.es en Facebook e, se queredes, compartilo no voso muro.
  • Escribir un comentario neste artigo contándonos por que queredes ir a ver este espectáculo (incluíndo o voso nome e un apelido).

O sorteo comeza hoxe 20 de decembro e podedes participar ata o 26 de decembro. Comunicaremos o nome do gañador a través de Facebook, Twitter e mail… así que estade moi atent@s!

 

[highlight style=”yellow” ]IMPORTANTE! Se despois de anunciar o nombre dos gañadores e de comunicarllo por mail, non respondesen as entradas pasarían aos suplentes por orde segundo o resultado do sorteo.[/highlight]

[blockquote indent=”yes” ]Sorte a todos!![/blockquote]

 

Deixámosvos un adianto…

 

 

Escribe un comentario