Sorteo dun Lupo Plot

[blockquote indent=”yes” ]O sorteo REMATOU, grazas por participar![/blockquote]

sorteo_lupo

[blockquote indent=”yes” ]Xogo + Aprendizaxe = Lupo [/blockquote]

Hoxe queremos presentarvos o Sistema Lupo: unha ferramienta didáctica baseada no xogo que ten como fin proporcionar ao usuario coñecementos prácticos de física, matemáticas, xeometría (visión espacial en 2D e 3D) e arte nas súas múltiples vertentes, fundamentalmente arquitectónicas. O manexo das pezas deste sistema e os retos con diferentes niveis de dificultade que presenta, favorecen o desenvolvemento das destrezas motrices e creativas e fomenta a competitividade e o traballo en equipo.

Lupo xorde ligado a unha patente ideada polo arquitecto Fermín Blanco. É un sistema de construción baseado nun set de sete tipos diferentes de pezas proporcionais entre si,  que permiten infinidade de aparellos. Para traballar en grupo e a gran escala está pensado o Super Lupo ou Timber Lupo. En tamaño doméstico nos presentan o Eco lupo ou Lupo Plot e como autoconstruible podemos contar cun Lupo DIY. Un xoguete de construción único, creado con tecnoloxía avanzada en corte por control numérico e en impresión 3D e con materiais ecolóxicos biodegradables como no caso de Lupo Plot fabricado con PLA, un bio plástico de orixe natural. Ademáis non require embalaxe xa que a caixa se crea coas súas propias pezas.

lupo

[blockquote indent=”yes” ]SORTEO DUN LUPO PLOT[/blockquote]

Gustaríavos ter na casa un Lupo Plot? É un xoguete de construción con 13 pezas de sete formas e dimensións proporcionais. É moi sinxelo conseguilo, tedes que:

O sorteo comeza hoxe 23 de xaneiro e podedes participar ata o día 6 de febreiro. Comunicaremos o nome dos gañadores o 7 de febreiro a través de Facebook e Twitter. Así que estade moi atent@s!

 

¡IMPORTANTE! Se despois de anunciar o nombre do gañador ou gañadora e de comunicarllo por mail, no respondese, volveríamos a realizar de novo o sorteo.

Sorte a tod@s!!!

 

 

 

 

Escribe un comentario

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.