Granxa de Barreiros en Sarria

A Granxa de Barreiros está  en Sarria (Lugo).  É un proxecto pioneiro de Educación Ambiental en Galicia que conta con máis de 60 anos de historia.  As súas actividades están destinadas a todos os centros educativos, tanto de Galicia como de fóra da comunidade, así como a familias ou grupos.  Contan con programas pensados para que  tanto nenos coma maiores poidan compartir experiencias inolvidables  nun entorno rural e natural incomparable.

Os ciclos estacionais son o eixe central das  súas programacións, que están adaptadas ás diferentes idades, intereses e necesidades dos visitantes. O seu obxetivo e sensibilizar tanto a nenos como a maiores coa protección do medio ambiente que os rodea, afondar no coñecemento do medio rural e valorar a súa conservación e mellora.

Gozan dunha ampla gama de actividades. Os visitantes poden disfrutar cos animais da granxa e coñecer as razas autóctonas ou descubrir os beneficios do horto ecolóxico . Tamén poden  realizar talleres e achegarse a algunhas das artesanías típicas da nosa terra como a cesteiría ou o telar, coñecer os beneficios das plantas aromáticas e da cosmética natural, ou facer roteiros interpretativos por os bosques do entorno, regatos, aldeas ou o Camiño de Santiago.

granxabarreiros_familiasFin de semana en familia

A Granxa de Barreiros programa ao longo do ano actividades para fins de semana dirixidas a grupos, familias e amigos de todas as idades. O obxetivo destas xornadas é aprender a disfrutar, valorar e amar a naturaleza co fin de crear actitudes responsables co medio ambiente e o desenvolvemento sostible, tomando como eixo principal os ciclos estacionais da natureza.

¿Queredes pasar un día diferente en familia? Nesta Granxa viviredes unha experiencia única con actividades divertidas e variadas. Podedes disfrutar na horta ou cos animais, facer unha ruta interpretativa ruta polo entorno, observando bosques, regatos… Ademais poderedes participar en talleres de cestería, traballar á calor do forno (pan, galletas), ou facer tecidos traballando dende a ovella ao telar.

pan_granxabarreiros

Granxa de Barreiros en Sarria Cómo chegar

Para máis información podedes chamar aos teléfonos 982 533 656 ou 698 129 000 ou escribir ao mail info@granxadebarreiros.com.

 

 

Escribe un comentario