Festival do Río Castro 2014

O Festival do Río Castro en Narahío (San Sadurniño) celebra este sábado 5 de xullo unha nova edición. Todo un programa de actividades para gozar á beira do río Castro onde estarán as tradicionais merendas.

  • 15.30 horas | A Asociación Galega do Xogo Popular e Tradicional organiza actividades pensadas para grandes e pequenos sempre arredor dese xeito distinto de pasalo ben que tiñan os nosos maiores
  • 17.30 horas | Teatro dos Ghazafelhos con Acuario, un espectáculo baseado no poemario da escritora María Canosa e pensado para que os nenos e nenas aprendan a riqueza do mar
  • 18.30 horas | Campionato de xogos populares
  • 22.30 horas | Música con  Cè Orquestra Pantasma –  Concerto de zanfona de María López –  Vai Rañala Meu! –  Taghaitaí Manila – O Sonoro Maxín 

 

Neste MAPA podedes ver como chegar e como están repartidas as diferentes zonas da festa.

Escribe un comentario

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.