Festival de Títeres de Brión

Os títeres acoden un ano máis a Brión para achegar a súa maxia a pequenos e maiores no XVII Festival de Títeres. Os monicreques chegan ao Centro Social Polivalente de Brión os días 2 e 3 de xaneiro cargados de historias e de increíbles aventuras para gozar toda a familia.

Jiñol de Títeres Trompicallo

Rosalia, Jiñol, o Sr. Bulú e o Policia ven alterada a súa vida pola inesperada chegada dun paquete que contén nada máis y nada menos que … ¡un cocodrilo!  é o principio dunha historia dinámica e divertida, 

  • 2 de xaneiro | 17 horas

Fábula Galénica de Fantoches Baj

Narrado como se dun programa de teatro radiofónico se tratase, cóntanos como na comarca de Catasós ven reducidos os seus recursos polo desexo do Rey Don Cardo de construirse un castelo novo e desproporcionado. Isto obriga ao Burro Eduardo xunto ca raposa, o lobo e o regato a organizarse na súa loita contra o Rey para recuperar a vida da fraga e o seu contorno.

  • 3 de xaneiro | 17 horas

 

Centro Social Polivalente de Brión Como chegar

A todas as representacións poderase entrar de balde, e terán unha duración de aproximadamente unha hora.


Escribe un comentario

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.