Espectáculos infantís no Teatro Colón

Durante este mes de decembro poderemos disfrutar no Teatro Colón da Coruña de numerosos espectáculos infantís:

La flauta mágina

Adaptación infantil da célebre ópera de MozartDie Zauberflöte. As damas da Raíña da Noite matan á serpe xigante que persigue a Tamino, e pídenlle ao mozo que rescate a Pamina, filla da Raíña da Noite secuestrada por Sorastro. Para axudalo na súa aventura danlle unha Frauta Máxica que o protexerá dos perigos.

14 de decembro | 12 horas

Duración: 60 minutos

Dirixido a: nenos maiores de 2 anos

Prezo: 5€. Entradas á venta en Servinova

[divider style=”dotted” height=”40px” ]

El gran juego de Verdi

O famoso compositor musical Verdi verase inmerso nunha trepidante e divertida historia que suporá o comezo da súa carreira. Abatido e melancólico polo rexeitamento da súa amada Leonor decide deixar a música para sempre, sen embargo, o destino tíñalle reservado outra sorte.

15 de decembro | 12 horas

Duración: 60 minutos

Dirixido a: público infantil

Prezo: 5€. Entradas á venta en Servinova

[divider style=”dotted” height=”40px” ]

El pequeño Verne

Julio é un neno que non quere estudar. De súpeto, o libro que debería ler, toma vida e o transporta a un mundo de coñecementos e aventuras. Enfrontarase a polbos xigantes, atravesará buracos negros, dará a volta ao mundo voando en globo e mesmo viaxará ao centro da terra. Esta aventura espertará a súa imaxinación converténdoo nun dos máis grandes escritores da nosa historia: Julio Verne.

22 de decembro  | 11 horas

Duración: 60 minutos

Dirixido a: nenos a partir de 3 anos

Prezo: 8-13€. Entradas á venta en Servinova

[divider style=”dotted” height=”40px” ]

Campanilla 

Unha nova versión dos personaxes de Peter Pan na que se conta aquilo que, en detalle, non contou nunca o autor deste conto. Unha historia apaixonante chea de romanticismo e sensibilidade que reivindica a lectura, a importancia de ter un soño e desexar cumprilo e a necesidade de respectar aos demais e de compartir. A partir de 2 anos.

26 de decembro | 18 horas

Duración: 90 minutos

Dirixido a: público infantil

Prezo: 9-12€. Entradas á venta en Servinova

[divider style=”dotted” height=”40px” ]

Otro gran teatro del mundo

Mi Primer Clásico é unha iniciativa da Compañía Nacional de Teatro Clásico para facer chegar as grandes obras a un público familiar, e contar os grandes temas do noso teatro de forma rigorosa, interesante e, sobre todo, divertida. A iniciativa levouse a cabo en clave musical baseada na obra de CalderónEl gran teatro del Mundo e realizada en coprodución con Uroc Teatro.

27 de decembro | 18 horas

Duración: 80 minutos

Dirixido a: público infantil

Prezo: 10-12€. Entradas á venta en Servinova

 

[divider style=”dotted” height=”40px” ]

 Teatro Colón da Coruña Como chegar

 

[highlight style=”yellow” ]*Pronto teremos novos sorteos de entradas… atentos á nosa sección SORTEOS e PROMOCIÓNS![/highlight]

 

 

 

Escribe un comentario