Contos no Museo do Pobo Galego

O Museo do Pobo Galego organiza este venres 23 de outubro  unha sesión de contacontos na que se escoitarán contos de toupas choscas, chivos enormes, ogros torpes, pombas doces ou dragóns atroces. Bechos estraños, animais marabillosos que habitan os Contos do Animalario e Daboapipa.

Un espectáculo de música en directo e palabra que se unen para crear un universo máxico a través desta parella artística galega que conforman Vero Rilo, educadora infantil e narradora con ampla experiencia, e Santi Prieto, músico que crea, compón e interpreta co acordeón, a guitarra, a frauta e un montón de trebellos simpáticos e orixinais.

  • Dirixido a: nenos de 2 a 6 anos
  • Duración: 40 minutos
  • 23 de outubro | 17.30 horas
  • Entradas: 2€.    *para menores, persoas socias do museo e persoas desempregadas a entrada é de balde, presentando a acreditación correspondente. Poranse á venda desde o día anterior, o 22 de outubro ás 16 horas en horario de apertura na recepción do Museo
  • Museo do Pobo Galego Como chegar

 

Escribe un comentario