Abecedari@ na Coruña

Abecedari@, o I Salón do Libro e da Lectura, celébrase estes días no mercado municipal de San Agustín en A Coruña. Abecedari@ contará con numerosas presentacións, mesas redondas, contacontos e obradoiros para os máis pequenos.  Ademáis haberá dúas exhibicións sobre a edición: unha mostra dedicada ao libro histórico coruñés e galego, realizada pola Biblioteca de Estudos Locais, e a exposición da evolución da edición na Coruña desde os orixes até hoxe en día, organizada pola Asociación de Editores Coruñeses.

A entrada ao Salón do Libro é gratuita e estará aberto de 11 a 14.30 horas e de 18 a 22 horas.

18 de decembro

  • 12 horas | Compañía de Teatro Viravolta: «Vida, crimes e prisión de Toribio de Mañón»
  • 13 horas | Compañía de teatro Ghazafelhos: «Acuario»
  • 18 horas | Contacontos: «Suleiman y Salúa» Alí Alí, Francisco X. Fernández Naval
  • 18.45 horas | Compañía de teatro Ghazafelhos «O país dos mandóns»

19 de decembro 

  • 12 horas | Obradoiro de técnicas de debuxo creativo Nuria Pico
  • 12 horas | Contacontos e actividades: «O desexo do gato Klops», Estefanía Padullés
  • 13 horas | Compañía de teatro Ghazafelhos: «Iriña Bailarina»
  • 18 horas | Contacontos e animación cultural Pinga Teatro
  • 19 horas | Contacontos e animación cultural Pinga Teatro
  • 19 horas | Contacontos e actividades: «O desexo do gato Klops», Estefanía Padullés

20 de decembro 

  • 11 horas | Obradoiro de técnicas de debuxo creativo Nuria Pico
  • 12 horas | Papiroflexia: Belén Canto Pérez
  • 13 horas | Compañía de teatro Viravolta: «O galo Quirico e os seus amigos»
  • 13 horas | Papiroflexia: Belén Canto Pérez
  • 18 horas | Compañía de teatro Viravolta: «Cocer e cantar»
  • 18 horas | Papiroflexia: Belén Canto Pérez

Só destacamos aquí as actividades infantís, podedes consultar o programa completo aquí: coruna.es

Mercado de San Agustín na Coruña Como chegar

Escribe un comentario

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.