Zapatiños para bebés

Encántanos facer agasallos feitos na casa, con cariño, coas nosas mans… e pensando nun detalle para un recén atopamos esta idea para crear uns zapatos bonitos e sinxelos.

Vimos este titorial en A Beautiful Mess: necesitamos a tea (pode ser fieltro, ante ou o que elixades) e comezar debuxando as pezas. Cuns zapatiños da talla que vaiamos facer debuxamos a planta. Necesitamos dúas pezas máis que serán as que coloquemos dende o talón para formar a parte de arriba. Asegúrovos que é moi sinxelo! Podedes ver as creacións de A Beautiful Mess, son preciosos con todos os detalles que querades engadir!

mocasines_abeautifulmess

[divider style=”dotted” height=”40px” ]

Xa sabedes que Etsy é para nós fonte de inspiración, ideas e onde atoparedes miles de propostas creativas feitas por artesáns de todo o mundo… Alí encontraredes cousas bonitas por todos os recunchos:

HappySolez_zapatillas

zapatillas_HappySolez

En Happy Solez por 24$

 zapatillas_littlePitterpat

little_pitterpat

En Little Pitterpat, entre 25 y 29$

 zapatillas_byson

 En Bison Booties por 28$

Como podedes comprobar Etsy é un escaparate enorme e cunha chea de cousas bonitas.. que vos parece? Con cal vos quedades?

¡Compártelo!
Artículo anteriorTalleres en Bulebule
Artículo siguienteZapatitos para bebés

1 Comentario

Escribe un comentario

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.