Xoguetes de madeira

Seguro que os máis previsores xa fixéchedes as vosas compras do Nadal… pero para todos aqueles que sodes coma min, buscando no último momento, vai este post con algunhas ideas bonitas.

Desde que descubrín Picapino teño moitas ganas de contarvos as cousas tan lindas que fan (deixarémolo para outro post), pero hoxe ensínovos dous xoguetes cheos de encanto para os nenos: o carriño para as bonecas e o carriño de arrastre. Podedes velos e compralos na súa web: blog.picapino.es

CarritoPicapino

carrito_arrastre_picapino

En Nobodinoz encontramos este xogo de construción xaponés Tsukimi e o Carriño Mapachito para montar o puzzle, arrastrar, e con números e letras:

casa_construccion_tsukimi

carrito_mapachito

E como apilar e construír son éxito seguro en Etsy vimos estes bloques de madeira que me encantan! Son de Fidoodle.

bloques_fidoodle

Tamén podemos comprar as pezas de madeira sen ningunha cor e decoralas nós mesmos (en GreenWoodLT)

piezas_madera_greenwoodlt

[blockquote indent=”yes” ]Gústanvos? Cal é o voso  xoguete favorito?[/blockquote]

Se queredes recomendarnos algún podedes escribirnos ao mail lamariola@lamariola.es.

Escribe un comentario

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.