Violín para nenos

Beatriz Junco é unha das profesoras do Método Suzuki en Galicia e preséntanos as súas clases no Estudo Escola de Música en Santiago. Explicounos como é a dinámica de cada unha das súas clases:

[blockquote indent=”yes” ]O principal é que o pai/nai debe estar presente tanto na clase individual, como na colectiva. Aínda que non participan son un gran apoio para nenos tan pequenos… A dinámica da clase é determinante para a motivación do neno, por iso, faremos moitos xogos, repeticións, analoxías e sempre reforzando dunha maneira moi positiva todo o aprendido[/blockquote]

As clases de Beatriz Junco baséanse no Método Suzuki onde o triángulo formado por pai-fillo-profesor, a escoita e práctica diarias na casa, o disfrute e participación totalmente activa do neno nas clases de grupo e o reforzo positivo constante son, entre outros, aspectos que converten a este método de ensino musical nunha metodoloxía innovadora, única e moi beneficiosa para calquera neno do mundo.

[blockquote indent=”yes” ]Este método é tamén unha auténtica filosofía de vida baseada no respecto ao neno como persoa e na idea de que todos, cun entorno adecuado, podemos desenvolver calquera aptitude ou capacidade e, deste xeito, lograr calquera obxectivo na vida[/blockquote]

As clases individuais serán de 30 minutos onde ademais se lle ensina ao pai/nai a técnica máis básica do violín e o arco para poder axudar ao seu fillo a practicar e ser un bo profesor na casa. A clase colectiva dunha hora de duración será máis lúdica e pasaránllelo moi ben tocando con outros nenos e sen decatarse reforzarán o aprendido nas clases individuais. Escoitándose uns a outros, traballando en equipo e compartindo a clase colectiva é sen dúbida imprescindible para a motivación dos pequenos violinistas.

[divider style=”dotted” height=”40px” ]

Por que recomendas estas clases?

Cóntanos Beatriz que un neno sen ningún entrenamento musical previo emerxerá, uns meses máis tarde, e grazas á Metodoloxía Suzuki:

  • Acostumado a un ambiente novo e xente diferente.
  • Habendo entendido unhas regras novas en relación ao comportamento.
  • Cun conxunto de sinais verbais e non verbais aprendidas, en relación á nova actividade.
  • Controlando cinco partes do corpo simultaneamente e de diferentes maneiras: cabeza e ombros, brazo dereito, brazo esquerdo, pes e pernas, tronco.
  • Familiarizado con novos conceptos rítmicos e melódicos.
  • Familiarizado co violín e o arco.
  • Habendo aprendido a coordinar o corpo con seu primeiro violín

[divider style=”dotted” height=”10px” ]

 

Dirixidas a: nenos a partir de 3 anos

*Luns pola tarde con posibilidade de ampliar segundo o número de alumnos

 Prezo: consultar a través do centro Estudio Escola no mail info@escola-estudio.com. 

Estudio Escola de Música en Santiago Como chegar

 

 

Escribe un comentario

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.