The Nude Design

A súa sinxeleza, a súa calidez, o seu deseño… The Nude Design atrapunos dende o minuto cero. Deseñan lámpadas nuas para que nós as podamos vestir con cores, raias, ilustracións, estampados… ou incluso pintándoas nós mesmos!

The Nude Design son Xan, Miguel, Sara y Nerea, catro deseñadores que crean mobles e pezas de deseño nu. Produtos creativos e personalizables de gran calidade, fabricados en Vigo. A súa lámpada de teito Miss Mixx ten 12 coleccións dispoñibles, con centos de combinacións posibles. Como eles nos contan é “ideal para darlle un toque simpático e persoal ao teu fogar”. As lámpadas de pé e de sobremesa fabrícanse dun xeito sostible con tableiro de láminas de abedul e a súa pantalla de polipropileno consegue unha luz dirixida e agradable.

Xunto ás lámpadas, The Nude Design propónnos a T family, unha familia de mesiñas auxiliares que tamén nacen nuas, de maneira que lles podes dar cor e adaptalas ao teu espazo.

The Nude Design

lampara_mesa_thenudedesign

mesa_thenudedesign

[blockquote indent=”yes” ]En The Nude Design deseñamos mobles e complementos con formas sinxelas, funcionais, lixeiros e coloristas[/blockquote]

Dende que os coñecimos quedámonos prendadas do seu estilo, pero sen dúbida enamoráronnos as creacións que poden facer os nenos. Podedes comprar a lámpara en blanco e facer un DIY do máis orixinal con acrílicos, rotuladores, témperas, lápices, washi tape, pegatinas… o que se vos ocurra!

Esta é a mostra que nos ensinan na súa web… dous nenos de 2 y 5 anos puxeron cor ás súas Miss Mixx:

the_nude_design

[divider style=”dotted” height=”40px” ]

descuento_nude

The Nude Design quere colaborar con lamariola e poderedes disfrutar dun 10% de descuento nos seus produtos durante os próximos 15 días, ata o 11 de decembro. No momento de facer a vosa compra teredes que introducir o código desconto [highlight style=”yellow” ]LAMARIOLA-10[/highlight].

Esta é a súa TENDA ONLINE – click AQUÍ Non vola perdades!

 

 

¡Compártelo!
Artículo anteriorCulturgal 2013
Artículo siguienteThe Nude Design

Escribe un comentario

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.