Teatro infantil en Vigo

Continúa a programación infantil e familiar no Auditorio do Concello de Vigo. Os domingos dos meses de marzo e abril teremos de novo teatro para gozar en familia!

 

 

LUPPO de BAOBAB TEATRO

Luppo é un home maior que vive só e todos os días ás 12 en punto de cada mañá, acende o seu gramófono e escoita ópera. Sempre a mesma canción. Ten un amigo, Tulún, un neno que cada mañá lévalle o pan, as especias e o xornal. Luppo cóntalle a Tulún moitas historias da súa vida. Unha mañá, Tulún chega coa compra e Luppo non está… Luppo é un espectáculo que fala do ciclo da vida, do apego cara as persoas que nos rodean, en particular aos nosos maiores e da importancia das historias que construimos ao longo da vida.

  • Dirigido a: niños mayores de 4 años
  • Duración: 50 minutos
  • 17 de abril | 18 horas                                 
  • Entradas: 3€

 

DON QUIXOTE, UNHA COMEDIA GASTRONÓMICA de LIMIAR TEATRO

Alonso, cociñeiro, prepara unha demostración culinaria sobre as bondades da dieta mediterránea. O prato escollido é o Potaxe de Vixilia, o mesmo que lle ofreceron a Don Quixote na súa primeira saída antes de ser armado cabaleiro andante. Alonso converterase en Quixote mentres prepara este saboroso prato. Un xogo teatral e gastronómico no que o humor e loucura de Don Quixote encarnaranse no corpo de Alonso dando lugar a unha proposta áxil, saborosa e nutritiva. Alguén quedará sen probar os garavanzos?

  • Dirigido a: niños mayores de 6 años
  • Duración: 55 minutos
  • 24 de abril | 18 horas                                 
  • Entradas: 3€

 


 

Auditorio Ayuntamiento de Vigo Cómo llegar

As entradas poderán adquirirse anticipadamente a través da páxina web de Ataquilla, no teléfono 902 504 500, na Central de Espectáculos (Velázquez Moreno 26) ou o mesmo día do espectáculo a partir dunha hora antes do comezo no despacho de billetes do Auditorio (sempre que houbese entradas disponibles). Abonos (só a través do canal telefónico e no despacho de billetes):

  • ABONO Á CARTA 5 (elixe 5 espectáculos de toda a programación combinados como queiras e goza dun 15% de desconto sobre o prezo total)
  • ABONO Á CARTA 10 (elixe 10 espectáculos de toda a programación combinados como queiras e goza dun 25% de desconto sobre o prezo total)
¡Compártelo!
Artículo anteriorMusical en Narón
Artículo siguienteTeatro infantil en Ourense

Escribe un comentario