Teatro de Guiñol en Ourense

Este sábado día 19 de marzo chega ao Auditorio Municipal de Ourense Pirilampo co seu novo traballo Teatro de Guiñol. É o concerto de presentación deste libro disco da colección Sonárbore de Editorial Galaxia, no que o grupo coruñés homenaxea ao poeta Manuel María.

Teatro de Guiñol presenta unha escolma dos versos máis retranqueiros e festivos de Manuel María. Compilados dos poemarios As rúas do vento ceibe, Os soños na Gaiola e Terra Chá, os once temas que conforman o álbum foron musicados polo grupo Pirilampo. As ilustracións de Iván R. aportan unha coidada estética que recrea a vida que existe máis aló das verbas de Manuel María. A natureza, O vento, A fala, Anduriñas, Neve ou o propio Teatro de Guiñol, son algúns dos poemas escolmados, poemas para ser contados e cantados…

  • Dirixido a: todas as idades
  • Duración: 1 horas
  • Entradas: 3€. Á venda en aTaquilla
  • Auditorio Municipal de Ourense Como chegar

 

Aquí vos deixo o trailer:

 

Escribe un comentario