Sorteo entradas Mago de Oz

sorteo_mago

 

Queredes vivir de preto a maxia do Musical O Mago de Oz? Os días 2, 3 e 4 de xaneiro estará en Vigo, Pontevedra e A Estrada. Cun espectáculo para disfrutar en familia onde descubriredes a historia de sempre, pero contada como nunca! Un musical cheo de humoraventurasmaxiasorpresas …

Sorteamos 2 entradas para cada espectáculo!

Non queremos que vos perdades este musical así que entre todos os participantes sortearemos 2 entradas para Vigo, 2 entradas para Pontevedra e outras 2 para A Estrada. Que tedes que facer? É moi sinxelo!

  • Ser seguidores de lamariola.es en Facebook
  • Escribir un comentario neste artigo contándonos por que queredes ir a ver este espectáculo (incluíndo o voso nome e apelido) [highlight style=”yellow” ]IMPORTANTE! Non vos esquezades de indicarnos para a que cidade vos gustaría ir.[/highlight]

O sorteo comeza hoxe 26 de decembro e podedes participar ata o día 30 de decembro. Comunicaremos o nome dos gañadores o 30 de decembro ás 16h a través de Facebook e Twitter. Así que estade moi atent@s!

 

IMPORTANTE! Se despois de anunciar o nome dos gañadores e de comunicarllo por mail, non respondesen en 24 horas, volveríamos a realizar de novo o sorteo das entradas.

Sorte a tod@s!!

 

 

Escribe un comentario

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.