Sorteo dunha praza en La Ola Creativa

O sorteo xa finalizou…. graciñas por participar!!

Arte en verán!! Hoxe queremos presentarvos un lindo proxecto da Coruña: La Ola Creativa. É unha nova escola de arte para nenos e adultos que desexen aprender e desenvolver as súas capacidades artísticas. Desde La Ola Creativa potenciarán a creatividade axudando aos alumnos a expresarse mediante as distintas disciplinas, así como a dominar as diferentes técnicas artísticas e coñecer as distintas etapas da historia da arte.

[blockquote indent=”yes” ]Talleres de verán[/blockquote]

Este verán propoñen aos nenos converterse en artistas e desenvolver todas as súas habilidades. Debuxo, pintura, animación, collage, manualidades, marionetas, talleres, modelado e reciclaxe creativo… cada día aprenderán algo novo dunha forma divertida.

  • Dirixido a: nenos de 4 a 12 anos
  • Do 25 de xuño ao 1 de agosto | de 9.30 a 13.30 horas
  • Podedes participar por días, semanas ou meses
  • LA OLA CREATIVA na Coruña Como chegar

 cartel_laolacreativa

[blockquote indent=”yes” ]SORTEO DUNHA PRAZA en La Ola Creativa[/blockquote]

Gustaríavos participar nestes talleres de verán de La Ola Creativa? Entre todos os que participedes sortearemos 1 praza  para asistir a unha semana de talleres nesta linda escola. É moi sinxelo conseguila, tedes que:

  • Ser seguidores de lamariola.es en Facebook
  • Ser Seguidores de La Ola Creativa en Facebook
  • Escribir un comentario neste artigo contándonos por que queredes conseguir esta praza nestes talleres (incluíndo o voso nome e apelido) 

 

O sorteo comeza hoxe  23 de xuño e podedes participar ata o día [highlight style=”yellow” ]3 de xullo[/highlight]. Comunicaremos o nome dos gañadores o 4 de xullo a través de Facebook e Twitter. Así que, estade moi atent@s!

 

IMPORTANTE! Se despois de anunciar o nome do gañador ou gañadora e de comunicarllo por mail, non respondese, volveríamos a realizar de novo o sorteo da praza.

Sorte a tod@s!

Escribe un comentario

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.